Non hai solución, porque non hai problema



bueno


el mito de la izquierda
el mito de la felicidad
el mito de la cultura

pero

españa no es un mito

É dicir, con la iglesia hemos topado.


trapalladas



¿Estatuto de nación?
Sería máis acaído estatuto de impaís.
Algo como: “Artigo 1: Galicia constitúese en impaís, por sempre e máis despois”.

Nestes debates, xa resesos abondo, fai falla unha miga máis de imaxinación.


fúrbol



Unha das opinións favorables máis cualificadas deuna camus na súa célebre frase “todo o que sei sobre a moral e as obrigas humanas débollo ao fútbol”.
Esta sentenza perdeu na actualidade todo o sentido. Reformulada para os tempos que corren, debería ser algo como: “Todo o que sei sobre márketing estratéxico e management executivo, débollo ao fúrbol”. Ou: “Todo o que sei sobre xornalismo amarillento, sobre a simulación e a impostura, débollo ao fúrbol”.

Por exemplo.


cosmogonía


Esa variante da astroloxía denominada economía vai camiño de converterse nunha relixión ben asentada. A producción teolóxico-dogmática dos últimos douscentos anos así o testemuña. Posúe santos, sacerdotes, textos canónicos, liturxias, herexes, símbolos e todo o espectáculo asociado ás relixións tradicionais.

Tamén desenvolveu, claro, unha cosmogonía. Non é especialmente orixinal, pero ten o encanto de calquera explicación sobre a orixe do mundo: ao principio era o caos, pero o mercado creou a orde no punto no que se cortan as curvas da oferta e da demanda. Así de simple.


Last posts

Archives

Links


email
ATOM 0.3