Non hai solución, porque non hai problema



Lírica


"…ese torso agotado de follar"

Cayo Valerio Catulo, hai dous mil anos, traducido por J. A. González (ed. Cátedra).

 

E despois queren convencernos da modernidade de calquera chorrada electropop actual.

 



Considerado o asunto en sí mesmo, non só a existencia de deus é evidente: os folletos de supermercado, hipermercado e grandes almacéns (3x2), son indudablemente un xénero senlleiro do deseño gráfico contemporáneo, máis importante que os posters das pinículas e só por detrás dos manuais de instruccións.

 

Moito falar da señalética das olimpiadas do 72, pero dos folletos de Alcampo, qué?

 



Había un anuncio no que, para vender reloxos, un poeta-piloto de fórmula 1 dicía moi serio: "no es lo que tengo, es lo que soy". Pero a sutil diferenciación resultaba ineficaz, porque ben podería dicir: "no es lo que tengo (millones), es lo que soy (millonario)".

 



Non hai moito tempo, calificar a alguén de "pequenoburgués" era o peor insulto posible; moito peor que "conacho". Moitísimo peor. Claro que "pequenoburgués" desapareceu completamente da linguaxe revolucionaria actual de twitter, marxismo-leninismo salvador-de-almas 2.0 antiheteropatriarcal.

 



"Quen paga, manda."

 



“Para crecer de nuevo, el hombre está obligado a rehacerse. Y no puede rehacerse sin dolor. Pues él es al mismo tiempo el mármol y el escultor. Es inherente a su ser el hecho de que debe, a grandes golpes de martillo, hacer saltar las chispas a fin de recuperar su propio rostro”.

(A.   Carrel, citado por E. Michaud en “La estética nazi, un arte de la eternidad”)

 


Traballar cansa (moito)


As memorias de Pavese póñense realmente interesantes a partir do momento no que deixa de falar para a posteridade (blablabla de altos voos) e comeza a fozar nas súas pequenas miserias, vicios e rancores.

 



 

 

Podería pensarse que a sinatura dun contrato de “compraventa de alma” entre fulanito-de-tal e Satán-Auténtico se leva a cabo nun salón estilo imperio con gran cerimonia e pluma de ouro e tinta de sangre e público formado por familiares e amigos.

Sen embargo, o máis probable é que fulanito complete no ordenador de casa un formulario online, cun pantallazo dos "termos e condicións" e un botón de "aceptar".

 

E que pulse o botón de "aceptar" sen ler nada, claro.

 

Todo moi prosaico e pouco glamuroso. A unha velocidade ADSL de 30MBs de descarga e 3 de subida.

 


Last posts

Archives

Links


email
ATOM 0.3