Non hai solución, porque non hai problema
Unha das opinións favorables máis cualificadas deuna camus na súa célebre frase “todo o que sei sobre a moral e as obrigas humanas débollo ao fútbol”.
Esta sentenza perdeu na actualidade todo o sentido. Reformulada para os tempos que corren, debería ser algo como: “Todo o que sei sobre márketing estratéxico e management executivo, débollo ao fúrbol”. Ou: “Todo o que sei sobre xornalismo amarillento, sobre a simulación e a impostura, débollo ao fúrbol”.
Por exemplo.