Non hai solución, porque non hai problema



o falangismo e a súa relación coa risa



O pecado orixinal do fascismo patrio foi, evidentemente, facer o seu acto de presentación no "teatro de la comedia", en madrid. Un erro estratéxico lamentable, que elimina de raiz calquera posibilidade de tomar en serio o seu programa místico-mesiánico.

Tería máis mérito como happening postpolítico apocalíptico dadaísta.


milagre


É perfectamente comprensible o culto que a igrexa católica rinde á virxe maría.
Despois de todo, sacar adiante un embrión metade humano e metade deus debe de ser un milagre en si mesmo, dende un punto de vista estrictamente obstétrico, naturalmente, valla o palabro.


Last posts

Archives

Links


email
ATOM 0.3