Non hai solución, porque non hai problema



misterios (e III)


para unha ontoloxía infrafina das asociacións se ánimo de lucro.

As sociedades secretas perfectas (como por exemplo) non teñen nome, nin poden telo, e só unha regla: "ninguén debe saber máis do necesario".

Daquela, ¿que pasa coa "Sociedad Teosófica del Noroeste"?


acubillos


O patriotismo é o último refuxio dos canallas.
É o deporte é o último refuxio dos patriotas.

O fúrbol, destacadamente.


bah


Incluso o infecto subxénero literario "management de/por/para executivos" (bestsellers de aeroporto) ten as súas obras mestras. Por exemplo, o contiño do queixo, que é todo un alarde de concisión (90 páxinas, incluindo introduccións, historias, debates, epílogos e tal), cando outros, só para aproximarse ao tema, necesitan non menos de 500 páxinas.

Con todo, ben podería engadirse un
executive summary de dúas páxinas para os que non queren ler as outras 90.


lost in translation



Seica toda a metafísica occidental é unha equivocación. Ademais, a peor equivocación de todas: un erro de traducción. Xa se sabe aquelo de traduttore traditore- E así estamos.


tres tristes reis


Papá noel non veu para sustituir aos tres reis magos. Unha batalla menor absurda, interesante só na medida en que é unha versión actualizada (electropop e familiar) da querella entre antiguos e modernos.

Non.
Papá noel veu para liquidar ao cristo, literalmente, para o cal utiliza esa estratexia tan eficaz de “desviar a atención” cara os tres tristes reis.


psicofonías e transustanciación


iker jiménez e rouco varela, cada un co seu estilo, son dos poucos que aínda cren na maxia e no misterio neste mundo noso desencantado, de contabilidad y finanzas


tn



O "turisteo necrolóxico" consiste en darse un rulo polos cemiterios das cidades que un visita. Basicamente.

Ademais, serve para confirmar a coñecida lei económica descuberta por jmkeynes, segundo a cal, "no longo prazo, todos estamos mortos".
Aplicable incluso a unamuno.


unha pantasma




O fracaso histórico do socialismo é de tal dimensión que xa non quedan nin os cascallos da catástrofe. Ata un presidente de governo que se di socialista asumiu un día que “a defensa dun compatriota” estaba por riba de calquera outra consideración…

O internacionalismo (sic) socialista durme o soño eterno dos xustos.


epifanías


A mellor poesía sempre se acobilla nos lugares máis inesperados. Por exemplo no catecismo:

Jesús de Nazaret, nacido judío de una hija de Israel, en Belén en el tiempo del rey Herodes el Grande y del emperador César Augusto; de oficio carpintero, muerto crucificado en Jerusalén, bajo el procurador Poncio Pilato, durante el reinado del emperador Tiberio, es el Hijo eterno de Dios hecho hombre, que ha "salido de Dios" (Jn 13, 3), "bajó del cielo" (Jn 3, 13; 6, 33), "ha venido en carne" (1 Jn 4, 2)

En versión Boletín Oficial del Estado, sería algo así:

José Antonio Gómez Fernández, maior de idade, solteiro, con DNI 365823562T, con domicilio en Salceda de Caselas, provincia de Pontevedra, actualmente cobrando o subsidio por desemprego, é o Salvador, Redentor de almas, Xuiz Supremo do Mundo, Fillo único e amadísimo de Deus Pai Todopoderoso, Carne Cosustancial a Él, Creador de todo canto hai no Universo Enteiro, e tamén Señor Altísimo Ilustrísimo Pantocrátor.


beleza interior




En sentido estricto, por "beleza interior" debería entenderse, por exemplo, uns pulmóns ben proporcionados, ou un bazo sublime.
O cal é unha forma de unir directamente
estética e mecánica.


esculturas mecánicas




Ninguén dubida que os de 12 cilindros son a verdadeira aristocracia dos motores de combustión interna.
Dentro deste grupo, os 12-boxer posúen unha beleza extraordinaria, debida en boa medida á súa escaseza e exotismo.

Esculturas cinéticas en toda regla.


Gruñidos e verosimilitude




A relación entre fúrbol e cinema é, ás veces, complicada.
"Evasión ou victoria" fracasa irremediablemente cando, no medio dun partido, un xogador berra a outro "Obstaculízalo!!!", ou dirixíndose ao árbitro, porque un rival simulou unha penalti, "Es un farsante!!!".
Nada máis lonxe da realidade.
Definitivamente, cando un furbolista diga "Obstaculízalo!!!" ou "Es un farsante!!!" saberemos que chegou a fin do mundo.


economía da salvación


Marabilla a enorme capacidade da igrexa católica para xestionar o destino sobrenatural de millóns e millóns e millóns de almas. Salvación entendida dende o punto de vista burocrático-procesal, claro está: actos, sentencias, intencións, atenuantes, purgatorios, citacións, resolucións, audiencias, recursos, traslados, cadenas perpetuas, e tal. Unha actividade xurídico-contable de proporcións astronómicas, nunca mellor dito.

En comparación, a moderna burocracia estatal weberiana é cousa de nenos.

Con todo, sempre se perde algún papel. Son os casos extraordinarios que inevitablemente rematan saíndo en tv: velliños e velliñas de 108 anos agardando a que alguén se acorde deles, e lles tramite o expediente.


a magnitude da traxedia




O outro día, nese gran pograma que é "el diario de Patricia", un nacho contou a súa historia:

Contou a súa infancia nun orfanato; de cómo con 23 anos matou a navallazos a un home nunha discusión de tráfico; dos anos que pasou na cadea; de cómo despois coñeceu a unha muller moito maior ca el, coa que rematou casando e atopando a felicidade.

O mellor do asunto foi cando Patricia revelou a audiencia algo que o invitado non sabía: que aquel home matara a navallazos ao seu propio pai, e que a muller coa que casara era a súa nai. O fulano quedou tan flipado ao saber que matara ao seu pai e que estaba fornicando coa súa nai que toleu completamente, arrincándose os ollos alí mesmo.

Pero isto último xa non se veu pola tv porque Patricia xa dera paso á publicidade.


estranxeiro




¿un "deus estranxeiro"?
¿que ademáis chegou "polas augas" -hoxe diríamos "en patera"?

Hai situacións que, vistas dende o monotonoteísmo ecuménico occidental, son incomprensibles.


terminal




para unha restruturación infrafina das administracións públicas:

1. os hospitais pasan a depender do ministerio de transportes.


200711121015




esa infección, esa costra que se pega á pel e chamamos presente


fe




A superstición máis perniciosa do nacionalismo fetén: "a nación existe".


o efecto bolboreta


...ou a confusión total entre meteoroloxía e climatoloxía.

O analfabetismo científico da clase política é abraiante. Unha opinión, que en si mesma podería ser perfectamente defendible, bótase a perder ao sustentarse nun argumento ridículo e, tamén, rematadamente falaz.


3c


sinxelamente houbo unha optimización da barbarie (las ciencias adelantan que es una barbaridá), e unha rebaixa dos escrúpulos, debido quizáis a unha confluencia nefasta de tendencias ecoloxistas e humanitaristas vagamente cuáqueras (que, por outra parte, fan que occidente estea xa preparado para convertirse masivamente ao budismo).


Last posts

Archives

Links


email
ATOM 0.3