Non hai solución, porque non hai problema
Esa variante da astroloxía denominada economía vai camiño de converterse nunha relixión ben asentada. A producción teolóxico-dogmática dos últimos douscentos anos así o testemuña. Posúe santos, sacerdotes, textos canónicos, liturxias, herexes, símbolos e todo o espectáculo asociado ás relixións tradicionais.
Tamén desenvolveu, claro, unha cosmogonía. Non é especialmente orixinal, pero ten o encanto de calquera explicación sobre a orixe do mundo: ao principio era o caos, pero o mercado creou a orde no punto no que se cortan as curvas da oferta e da demanda. Así de simple.