Non hai solución, porque non hai problema



oftalmoloxía



O médico achégase coa linterniña e di que vai mirar o fondo do ollo.

En realidade mira dentro do corpo e verifica que o individuo está inflado con gas de alumado.
Comproba a presión, do mesmo xeito que nas gasolineiras se comproba a presión dos neumáticos. Flis. Flis.


o Ser dunha grapa



Para unha micro-ontoloxía (ontoloxía intersticial)
1 Aristotle revisited

O Ser dunha grapa se manifesta en dous momentos distintos, característicos, consecutivos e perfectamente recoñecibles: en
potencia (fig. 1), en acto (fig. 2).


Morrer é durmir


Andrés Serrano. The morgue - pneumonia due to drowning.

'He's dreaming now,' said Tweedledee: 'and what do you think he's dreaming about?'
Alice said 'Nobody can guess that.'
`Why, about you!' Tweedledee exclaimed, clapping his hands triumphantly. 'And if he left off dreaming about you, where do you suppose you'd be?'
'Where I am now, of course,' said Alice.
'Not you!' Tweedledee retorted contemptuously. 'You'd be nowhere. Why, you're only a sort of thing in his dream!'


begotten



O problema dalgunhas películas é facerse demasiadas ilusións antes de velas.

Con todo, deus eviscerándose cunha navalla é máis espectacular que o cristo "ecce homo" de gibson.


Astronautas en miniatura



Armstrong chegou ata a lúa.
Syd Barrett ata alfa centauro (sen saír da súa casa).
J Spaceman está despegando.


Body art



Nunca como nas láminas do sobotta estivo o corpo tan preto de ser unha obra de arte.


Lavado de estómago




Para cando un lavado de fígado?
Un lavado de páncreas?
Un lavado de meninxe?

Lavado a man ou a máquina?

(paradoxalmente, xa se fixeron avances importantes no lavado de cerebro)


Sociedades secretas



Os admiradores de duchamp forman unha sociedade secreta; tan secreta que os seus integrantes nin tan sequera saben que forman parte dela.

Unha sociedade secreta perfecta.


Amor cirúrxico



Yo sólo quiero operarte, nena

Será coser y cantar


A velocidade


Os circuitos de carreiras teñen unha beleza estrana e fascinante (por exemplo, o avus).
Son como as figuras de nazca, pero en versión moderna, abstracta, automobilística (xa se sabe que os coches de competición son sempre sempre sempre máis fermosos que a victoria de samotracia…)


Insecticidio



Por que as protectoras de animais non fan campaña contra os insecticidas?

Despois de todo, calquera podería rematar convertido nunha mosca, ou mesmo nunha cucaracha.


O perfecto home eléctrico



"La psicología impide al hombre ser exacto como un cronómetro, frustra sus ambiciones de parecerse a las máquinas. No hay ninguna razón, desde nuestro punto de vista, para que el arte del movimiento no consagre toda su atención al hombre futuro más que al hombre actual. Es vergonzoso que, contrariamente a las máquinas, los hombres no sepan comportarse. Pero qué hacer, si el comportamiento impecable de la electricidad nos conmueve más que el desorden de la gente activa o el pedante ocio de la gente pasiva. Por el momento nosotros excluimos al hombre como objeto de filmación, pues es incapaz de coordinar sus propios movimientos.

"Nuestro camino parte del pretendido ciudadano para llegar, a través de la poesía de las máquinas, al perfecto hombre eléctrico."

Dziga Vertov, manifesto Noi.


Gótico e ascensores



O simbolismo das catedrais quedaría liquidado se estas contasen cun ascensor que chegase á bóveda.

Apretas un botón, e chegas ao ceo.

Teoloxicamente inaceptable.


Desinfectante moral



Para lavar os pecados, auga bendita e disiclín.


O Mesías


O argumento era algo así:

Todos os que din que foron enviados por deus para salvar o mundo, son mesías verdadeiros.
Se fosen uns estafadores e mentisen, deus non permitiría que se lle fixese tal ofensa: fulminaríaos antes de que abrisen a boca.


Viaxes intergalácticas



O ascensor é un “non lugar” onde o tempo se detén uns segundos (sen contradicción).
Apenas un intre, suficiente para facer as preguntas fundamentais:

De onde vimos? Do primeiro andar
Cara onde vamos? Ao sétimo
Que somos? Viaxeiros verticais

Nada máis.
Viaxeiros verticais: astronautas en miniatura.


O espírito do noso tempo



No século XIII había catedrais góticas.
Agora hai refinerías e centrais eléctricas.

Albert speer intuía algo sobre o valor dos edificios como ruínas, e no século XXVIII as refinerías serán unhas ruínas ben xeitosas.


Totemismo


Un que pregunta: Que queres ser de maior?
O cativo responde: Unha lavadora.


Redundancia


Hai que ser absolutamente modernos.

A palabra clave é, non hai dúbida, "absolutamente".


Por exemplo


Un solipsista bravú, digamos, como max stirner, por poñer un exemplo.


Insuflación


“insuflar” é unha palabra moi fermosa.


Last posts

Archives

Links


email
ATOM 0.3