Non hai solución, porque non hai problema



tn



O "turisteo necrolóxico" consiste en darse un rulo polos cemiterios das cidades que un visita. Basicamente.

Ademais, serve para confirmar a coñecida lei económica descuberta por jmkeynes, segundo a cal, "no longo prazo, todos estamos mortos".
Aplicable incluso a unamuno.


unha pantasma




O fracaso histórico do socialismo é de tal dimensión que xa non quedan nin os cascallos da catástrofe. Ata un presidente de governo que se di socialista asumiu un día que “a defensa dun compatriota” estaba por riba de calquera outra consideración…

O internacionalismo (sic) socialista durme o soño eterno dos xustos.


epifanías


A mellor poesía sempre se acobilla nos lugares máis inesperados. Por exemplo no catecismo:

Jesús de Nazaret, nacido judío de una hija de Israel, en Belén en el tiempo del rey Herodes el Grande y del emperador César Augusto; de oficio carpintero, muerto crucificado en Jerusalén, bajo el procurador Poncio Pilato, durante el reinado del emperador Tiberio, es el Hijo eterno de Dios hecho hombre, que ha "salido de Dios" (Jn 13, 3), "bajó del cielo" (Jn 3, 13; 6, 33), "ha venido en carne" (1 Jn 4, 2)

En versión Boletín Oficial del Estado, sería algo así:

José Antonio Gómez Fernández, maior de idade, solteiro, con DNI 365823562T, con domicilio en Salceda de Caselas, provincia de Pontevedra, actualmente cobrando o subsidio por desemprego, é o Salvador, Redentor de almas, Xuiz Supremo do Mundo, Fillo único e amadísimo de Deus Pai Todopoderoso, Carne Cosustancial a Él, Creador de todo canto hai no Universo Enteiro, e tamén Señor Altísimo Ilustrísimo Pantocrátor.


beleza interior




En sentido estricto, por "beleza interior" debería entenderse, por exemplo, uns pulmóns ben proporcionados, ou un bazo sublime.
O cal é unha forma de unir directamente
estética e mecánica.


esculturas mecánicas




Ninguén dubida que os de 12 cilindros son a verdadeira aristocracia dos motores de combustión interna.
Dentro deste grupo, os 12-boxer posúen unha beleza extraordinaria, debida en boa medida á súa escaseza e exotismo.

Esculturas cinéticas en toda regla.


Gruñidos e verosimilitude




A relación entre fúrbol e cinema é, ás veces, complicada.
"Evasión ou victoria" fracasa irremediablemente cando, no medio dun partido, un xogador berra a outro "Obstaculízalo!!!", ou dirixíndose ao árbitro, porque un rival simulou unha penalti, "Es un farsante!!!".
Nada máis lonxe da realidade.
Definitivamente, cando un furbolista diga "Obstaculízalo!!!" ou "Es un farsante!!!" saberemos que chegou a fin do mundo.


Last posts

Archives

Links


email
ATOM 0.3