Non hai solución, porque non hai problema
Posted 31.1.06 by pinacle.
material combustible no Gran Proxecto de Reconstrucción Técnica do Ser Humano
Posted 27.1.06 by pinacle.
Ao mellor os 500 xa cambiaron de opinión, que tamén é posible.
Posted 25.1.06 by pinacle.
Seguindo a teoría de que o único xeito de rematar cun vicio é saciándoo, daquela a descomposición podería rematar botando unhas padas de cal (aceleración catalítica e festixeira da putrefacción).
Posted 23.1.06 by pinacle.
Tantos anos e tantos esforzos adicados a salvar almas para que agora, cando a modernidade cuestionou criticamente a existencia dun gas tan peculiar, chegando ao punto de negarlle tal posibilidade, o insecto humano se dispoña, coa mesma ansia, a salvar os corpos, a unha temperatura de 176 graos baixo cero, sen decatarse quizais de que a cuestión non é salvar corpos ou almas, senón se é necesario continuar coa teima de querer salvar algo, o que sexa.
Posted 19.1.06 by pinacle.

A antigua identidade bo-belo-verdadeiro foi sustituida hai tempo pola santísima trinidade bueno-bonito-barato.
A verdade escorregou polo sumidoiro.
Posted 17.1.06 by pinacle.
É sabido que os franceses chaman petite mort ao orgasmo.
¿Significa iso, en sentido contrario, que a outra, a grande, é un orgasmo superlativo (e, por certo, único e irrepetible)?
Posted 16.1.06 by pinacle.
ou, para dicilo doutro xeito, tomando emprestada a letra desa canción, "despois de anos e anos agardando, non pasou nada".
Posted 9.1.06 by pinacle.
Esquema en 3 pasos:
1 Alguén morreu...
2 ...pero non está morto...
3 ...porque volverá para salvarnos.
O cal pode aplicarse a mitra, osiris, cristo, parnell e tamén a elvis presley.
(somos uns pecadores de la pradera incorrixibles)
Posted 7.1.06 by pinacle.
¿De verdad pensás que si hubiera siconalistas en el XIX lo de kierkegaard tendría cura? ¿por su angustia, decís? Menuda sbórnia que llevás encima, viejo...
Posted 5.1.06 by pinacle.
Para unha micro-ontoloxía (ontoloxía terminal)
2 O paso do Ser ao nonSer: a experiencia de houdini
A tecla ESC (arriba, tirando á esquerda) é o alivio-rápido inmediato (postmoderno, indoloro, sinxelo, definitivo):
Cando estás demasiado canso: pulsa esc
Cando xa non aturas máis: pulsa esc
Cando os grillóns están moi apertados: pulsa esc
Cando non hai saída: pulsa esc
Cando non sabes que facer: pulsa esc
Pulsa esc e serás transportado a 1000 km de distancia; a un millón de km de distancia; a outra galaxia.
Estás; unha centésima de segundo despois xa non estás.
Como facía houdini.
Posted 4.1.06 by pinacle.
A civilización occidental decidiu producir Historia industrialmente (tal se fose remolacha). A Conservación Científica do Pasado (a temperatura e humidade óptimas) é a condición necesaria para rastrear o desenvolvemento (aceleracións, meandros e fitos) do Espírito Absoluto.
Así que non é de estranar que a memoria rematase independizándose diso tan tenebroso, voluble e pouco coñecido como é o cerebro humano.
Nas películas de atom egoyan, por exemplo, unhas imaxes grabadas nunha cinta de video son toda a memoria dos protagonistas.
Posted 3.1.06 by pinacle.
Nin o suicidio nin o asasinato; o único tema filosóficamente relevante na actualidade é a enfermidade.
Posted 1.1.06 by pinacle.
dende o fondo do pozo: "só crería nun deus que soubese bailar"
¿Qué quiere decir, señor Artaud?
[...] ahora hay que decidirse a emascular al hombre.
¿Cómo es eso?
Haciéndole pasar por la mesa de la autopsia, una vez más pero la última, para rehacerle su anatomía.
Digo, para rehacerle su anatomía.
El hombre está enfermo porque está mal construido.