Non hai solución, porque non hai problema
A civilización occidental decidiu producir Historia industrialmente (tal se fose remolacha). A Conservación Científica do Pasado (a temperatura e humidade óptimas) é a condición necesaria para rastrear o desenvolvemento (aceleracións, meandros e fitos) do Espírito Absoluto.
Así que non é de estranar que a memoria rematase independizándose diso tan tenebroso, voluble e pouco coñecido como é o cerebro humano.
Nas películas de atom egoyan, por exemplo, unhas imaxes grabadas nunha cinta de video son toda a memoria dos protagonistas.