Non hai solución, porque non hai problema
Para unha micro-ontoloxía (ontoloxía terminal)
2 O paso do Ser ao nonSer: a experiencia de houdini
A tecla ESC (arriba, tirando á esquerda) é o alivio-rápido inmediato (postmoderno, indoloro, sinxelo, definitivo):
Cando estás demasiado canso: pulsa esc
Cando xa non aturas máis: pulsa esc
Cando os grillóns están moi apertados: pulsa esc
Cando non hai saída: pulsa esc
Cando non sabes que facer: pulsa esc
Pulsa esc e serás transportado a 1000 km de distancia; a un millón de km de distancia; a outra galaxia.
Estás; unha centésima de segundo despois xa non estás.
Como facía houdini.