Non hai solución, porque non hai problema



O insecto humano - a mosca


Para tratar de comprender a obra de Junger non só hai que ter en conta que foi soldado-heroi de guerra ou que viviu cen anos (que tamén) senón, sobre todo, a súa afición pola entomoloxía.

 


Lírica


"…ese torso agotado de follar"

Cayo Valerio Catulo, hai dous mil anos, traducido por J. A. González (ed. Cátedra).

 

E despois queren convencernos da modernidade de calquera chorrada electropop actual.

 



Considerado o asunto en sí mesmo, non só a existencia de deus é evidente: os folletos de supermercado, hipermercado e grandes almacéns (3x2), son indudablemente un xénero senlleiro do deseño gráfico contemporáneo, máis importante que os posters das pinículas e só por detrás dos manuais de instruccións.

 

Moito falar da señalética das olimpiadas do 72, pero dos folletos de Alcampo, qué?

 



Había un anuncio no que, para vender reloxos, un poeta-piloto de fórmula 1 dicía moi serio: "no es lo que tengo, es lo que soy". Pero a sutil diferenciación resultaba ineficaz, porque ben podería dicir: "no es lo que tengo (millones), es lo que soy (millonario)".

 



Non hai moito tempo, calificar a alguén de "pequenoburgués" era o peor insulto posible; moito peor que "conacho". Moitísimo peor. Claro que "pequenoburgués" desapareceu completamente da linguaxe revolucionaria actual de twitter, marxismo-leninismo salvador-de-almas 2.0 antiheteropatriarcal.

 



"Quen paga, manda."

 



“Para crecer de nuevo, el hombre está obligado a rehacerse. Y no puede rehacerse sin dolor. Pues él es al mismo tiempo el mármol y el escultor. Es inherente a su ser el hecho de que debe, a grandes golpes de martillo, hacer saltar las chispas a fin de recuperar su propio rostro”.

(A.   Carrel, citado por E. Michaud en “La estética nazi, un arte de la eternidad”)

 


Traballar cansa (moito)


As memorias de Pavese póñense realmente interesantes a partir do momento no que deixa de falar para a posteridade (blablabla de altos voos) e comeza a fozar nas súas pequenas miserias, vicios e rancores.

 



 

 

Podería pensarse que a sinatura dun contrato de “compraventa de alma” entre fulanito-de-tal e Satán-Auténtico se leva a cabo nun salón estilo imperio con gran cerimonia e pluma de ouro e tinta de sangre e público formado por familiares e amigos.

Sen embargo, o máis probable é que fulanito complete no ordenador de casa un formulario online, cun pantallazo dos "termos e condicións" e un botón de "aceptar".

 

E que pulse o botón de "aceptar" sen ler nada, claro.

 

Todo moi prosaico e pouco glamuroso. A unha velocidade ADSL de 30MBs de descarga e 3 de subida.

 



 

Vai un experto e di: "Las máquinas no van a poder rebelarse contra los humanos", e debuxa unhas figuriñas na pizarra.

As leis da robótica son dunha simpleza e inxenuidade abraiantes.

 


xeopolítica


Tecnicamente, o de putin en crimea se denomina, en linguaxe diplomática, "mover os marcos".


negocio final


Ao cabo, que a creación se resolva nun gran xuizo final non deixa se ser unha boa noticia

para os avogados


Lei do temporal/definitivo


Lei de conversión do temporal en definitivo.
Moitas veces, algo feito de xeito "temporal", "pendente de confirmar", "transitorio", "para saír do paso", "improvisado" e "flotante", remata convertido em definitivo e inmutable simplemente porque "é o que hai".


Campeche e usurpación



Saint Just ben podía chamar "rebelde e usurpador" a Luis XVI antes de pedir que lle cortaran a cabeza, porque sabía que enviaba ao patíbulo a toda unha orde social. Por esta mesma razón, sería incomprensible para el que alguén denominara "campechano" ao monarca.

En certo sentido, chamar "campechano" a un rei case é peor que matalo.


ira divina


"Tranquilizar aos mercados", por se había algunha dúbida, é unha expresión que debe entenderse no seu contexto propio: o relixioso.
E xa se sabe que para calmar as potencias sobrenaturais hai que ofrecer víctimas sacrificiais, chivos expiatorios, carne fresca.


recordos de auschwitz


matar unha persoa é, sobre todo, un problema moral.
matar un millón é, sobre todo, un problema técnico.


os cil os copio



Para rematar radicalmente con calquera fundamentación patafísica da psicoloxía:
"non hai individuo, non hai especie, tan só altos e baixos de intensidade".


sobre a relación entre o cansazo e o budismo



Que o futuro de occidente (signifique isto o que signifique) pasa polo budismo é algo coñecido dende hai polo menos 150 anos.
Os pequenos-egos-hipertrofiados xa só poden curarse aspirando á nada máis absoluta.


verdad verdadera



A cuestión da "verdade" na obra de arte só se fixo conflictiva na "Historia da arte",
e a obra rematou inevitablemente esmagada por este dobre peso.


ggod


Nas escolas de negocios deberían ensinar, tamén, a montar relixións
(
business plans metafísicos).
Por que non hai novos deuses? Por falta de emprendedores.


Last posts

Archives

Links


email
ATOM 0.3