Non hai solución, porque non hai problema
A vantaxe definitiva das teorías conspiranoicas é que non hai xeito de demostrar que sexan falsas. Calquera proba que evidencie a súa falsedade pode desbotarse ampliando o alcance da conspiración. Así de simple.
É dicir: unha conspiración pode facerse tan grande coma un queira. Ao gusto do consumidor.