Non hai solución, porque non hai problema
O ascensor é un “non lugar” onde o tempo se detén uns segundos (sen contradicción). Apenas un intre, suficiente para facer as preguntas fundamentais: De onde vimos? Do primeiro andar Cara onde vamos? Ao sétimo Que somos? Viaxeiros verticais Nada máis. Viaxeiros verticais: astronautas en miniatura.