
Disque o peor que lle pode pasar a un paranoico é que o persigan de verdade.
Daquela, o peor que lle pode pasar a un hipocondriaco é que unha análise de sangre revele que a “velocidade de sedimentación globular media” está por enriba no normal.
Daquela, cando aínda había un fío que unía a verdade coa beleza, e as cousas fermosas eran verdadeiras á forza, daquela, digo, había un conto moi bonito no que a idea principal, con variantes segundo o lugar e a época, consistía en que deus inflaba aos homes polo nariz con gas de alumado. Un despois de outro. En fila india.
A evidencia é un criterio de verdade como calquera outro, pero moi poderosa. Os erros camuflados baixo a apariencia de obviedades son os máis difíciles de detectar. Que o sol non da voltas arredor da terra, por exemplo. Tivo que ser a complexidade da descripción do movemento dos outros astros o principio da fin do sistema ptolemaico.